AOS PROPIETARIOS/AS DE MONTES
Abril de 2012
PROMAGAL vendeu no 2011 a madeira dos seus socios a 32 €/tonelada máis IVE o eucalipto sen pelar en pé no monte, e a 38 €/ton. máis IVE o pelado.
Neste ano a pasta de papel subiu e segue subindo. Sen razón que o xustifique, a industria quere baixar os prezos da nosa madeira. Se o prezo da pasta sobe, a madeira debe subir tamén.
Defende os teus intereses:
•Non vendas madeira a vulto (sae moito peor pagada!).
•Non vendas por menos deses prezos, fomentando que estes baixen.
Só seguindo esas recomendacións conseguiremos un prezo xusto!
A nosa unión é a nosa forza!
Asóciate. Información: 606 330 500/616 357 745 http://www.promagal.es/
Asociación de Produtores de Madeira de Galiza (PROMAGAL)