lunes, 10 de enero de 2011

Xa estamos en Facebook, teclea Promafe Productores de Madeira

viernes, 7 de enero de 2011

ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS XANEIRO 2011

Lembramos que o vindeiro venres día 28 de Xaneiro ás 19 horas teremos a Asamblea Xeral de socios de PROMAFE no local da asociación de Veciños de Esteiro de Ferrol rúa Fernando VI, Bloque I Baixo.

Falaremos, entre outros asuntos, do desenrolo dos acordos mantidos con diferentes compradores, procederemos a informar de novo das condicións de venta de madeira para socios de PROMAFE, seguindo o Acordo Marco asinado por PROMAGAL o 4 de Maio de 2010. Na asociación temos información sobre pranta certificada para aqueles socios que queiran manter a certificación dos seus montes, así como para a loita contra a Praga do gonipterus.

Para unha mayor coordinación as asociacións de PROMAMOECHE e PROMAFE temos un horario de oficina todos os sábados de 10:30 a 13:30 h no local social de PROMAMOECHE: Lugar de Casablanca s/n (Edificio da Biblioteca Municipal) en San Ramón de Moeche. O Teléfono de contacto: 606.330.500 ao cal poden chamar durante a semana e tamén o sábado en horario de oficina.