lunes, 30 de abril de 2012

Chamamento aos propietarios/as de montes

AOS PROPIETARIOS/AS DE MONTES
Abril de 2012
PROMAGAL vendeu no 2011 a madeira dos seus socios a 32 €/tonelada máis IVE o eucalipto sen pelar en pé no monte, e a 38 €/ton. máis IVE o pelado.
Neste ano a pasta de papel subiu e segue subindo. Sen razón que o xustifique, a industria quere baixar os prezos da nosa madeira. Se o prezo da pasta sobe, a madeira debe subir tamén.
 Defende os teus intereses:
Non vendas madeira a vulto (sae moito peor pagada!).
Non vendas por menos deses prezos, fomentando que estes baixen.
Só seguindo esas recomendacións conseguiremos un prezo xusto!
A nosa unión é a nosa forza!
Asóciate. Información: 606 330 500/616 357 745 http://www.promagal.es/
Asociación de Produtores de Madeira de Galiza (PROMAGAL)

martes, 24 de abril de 2012

Reunión de Promafe 27/4/2012

O Vindeiro Venres 27 de Abril terá lugar as 19:00 a reunión habitual de PROMAFE no local da Asociación de Veciños de Esteiro (Ferrol)

lunes, 27 de febrero de 2012